Normas de Participación no Reto Fotográfico Semanal
Borrador con proposta das regras básicas do reto fotográfico
- cunha conta do fediverso ou do foro subscribirse a
@fotografia@foros.fediverso.gal
para recibir avisos e mensaxes novas, comentar ou compartir as fotografías. - fotografía realizada pola usuaria que a publica durante a semana do reto. Trátase de un divertimento, non dun concurso.
- as fotografías pertencen a quen as publica.
- as fotografías deben respectar as NORMAS de convivencia de foros.fediverso.gal, non admitindo fografías e mensaxes que atenten contra a dignidade das persoas podendo a administración tomar as accións que se estimen oportunas en todo momento.
- realizada con calquera dispositivo, “editada” ou non.
- formato e proporcións libres, non sendo recomendable fotografías de moi alta resolución que enlentezan a carga da web e dificulten a visualización.
- a visibilidade da publicación deberá ser pública
- máximo DÚAS fotografías por participante e semana
- engadir NSFW se a temática o require
- engadir descrición AltText para persoas con deficiencias visuais e lectores de pantalla
- posibilidade de engadir texto á publicación para dar contexto ou explicar os motivos da fotografía
- participación aberta a todo o fediverso, independentemente do servidor onde teñas a túa conta
- a participación realízase respondendo á mensaxe orixinal publicada por @fotografia@foros.fediverso.gal coa proposta semanal desde calquera conta compatible do fediverso: mastodon, pleroma, pixelfed,lemmy,…
- o reto durará unha semana desde a data de publicación do mesmo (venres?). Debería ser quincenal, mensual,…?
- utilizar cancelo #FotoSemanal #RetoSemanal … na publicación para axudar a espallar o grupo
- o tema do reto pódese someter a votación na semana previa ou quen se encargue da publicación ir elexindo un tema que considere axeitado
podes responder a esta mensaxe para facer constar a túa opinión e facer propostas
as regras quedarán fixadas no foro e estarán suxeitas ás modificacións que resulten acordadas
You must log in or register to comment.